Páginas

miércoles, 26 de junio de 2024

Cantiga Finisterrae


Cantiga Finisterrae para múltiples voces de luz (cantata), para soprano, barítono, coro y orquesta, es una composición sinfónico-coral de Juan Durán con texto poético de Miguel Anxo Fernán-Vello. Una cantiga gallega para dejarse emocionar...

«O límite increado do mundo»

País das terras verdes que van morrer ao mar,
unha cantiga nova estremece no vento
o labirinto puro de todos os confíns.
(...)
País das terras verdes que van morrer ao mar,
entre semente e soño, entre vertixe e flor,
campos iluminados que se inclinan ao sul.
(...)
Aquí estamos, no límite increado do mundo,
na pulsación das horas, no sopro do destino,
imantados a un himno de poderosa urdime:
o mar e a multitude da súa alta harmonía,
a espiral que transmigra a flor da liberdade,
as terras que proclaman o dominio da luz.
(...)
...na duración do tempo, na espiral da cantiga,
no vento estrelecido, na harmonía entrañada;
a luz, a luz cantada irradiando a figura
contra as sombras pasadas, contra as fendas escuras;
a alta luz construída sobre as terras amadas,
a alta luz incesante sobre as patrias futuras.


No hay comentarios:

Publicar un comentario